Xa podes presentarte ao concurso de carteis de Teatrofilia 2026!
BASES DO XIX CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR
TEATROFILIA 2026
A Asociación Cultural Papaventos convoca o concurso de carteis para anunciar a XXI Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia 2026, que se celebrará no mes de marzo de 2026.
As bases do concurso son:
1. PARTICIPANTES
•Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen.
•Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras.
•Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras.
2. TEMA E CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS
•Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro e artes escénicas. Con todo, quen participe goza de completa liberdade para escoller o tema.
•Quen se presente será responsable da orixe da obra, se estivese inspirada nun traballo alleo deberase dispoñer da autorización da persoa autora.
•O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm)•Poderán realizarse con calquera técnica (pictórica, fotográfica, informática, etc.)
•No cartel figurará rotulado:
Teatrofilia
XXI Mostra de Teatro Amador de Vedra
•É obrigatorio empregar a tipografía “Alba” para a palabra Teatrofilia.
•Deberase ter en conta que nalgún lugar do cartel irá a programación da mostra e os logotipos das entidades que fan posible Teatrofilia
•O xurado deste concurso valorará a orixinalidade dos carteis, así como a súa eficacia comunicativa, e o impacto e a calidade do deseño.

3. PRESENTACIÓN
•A data límite para a presentación dos carteis é o 9 de xaneiro de 2026.
•En ningún caso o cartel deberá ir identificado co nome da persoa autora nin con pseudónimo.
•As obras participantes poderanse presentar por algunha destas tres vías:
➢Presencialmente ou por correo postal na casa do Concello de Vedra.➢Por correo postal ao enderezo:
Asociación Cultural Papaventos
Rúa da boca, nº 9 CP 15885 Vedra (A Coruña)
➢Ao correo electrónico: ac_papaventos@yahoo.es
•No caso de presentalo en formato físico, o cartel acompañarase dun sobre pechado no que conste: nome, apelidos, número de teléfono, correo electrónico, e no caso de querer optar ao accésit infantil tamén a data de nacemento. No caso de presentalo en formato dixital estes datos aparecerán no corpo do correo electrónico.
•En calquera das vías de presentación deberá figurar no exterior do sobre ou no asunto do correo electrónico a/s seguinte/s mención/s:
•En calquera das vías de presentación deberá figurar no exterior do sobre ou no asunto do correo electrónico a/s seguinte/s mención/s:
"XIX Concurso de Carteis Teatrofilia 2025". E engadirase "Accésit infantil (3-12)", se opta por esta categoría.
4. PREMIOS
•O/a autor/a do cartel gañador recibirá un premio de 350€.
•A cada participante deste concurso obsequiaráselle cun bono para a vindeira edición de Teatrofilia que poderá recoller na billeteira.
•Do mesmo xeito, concederase un premio accésit ao mellor cartel infantil (participantes de 3 a 12 anos).

5. XURADO
•O xurado estará formado por membros da Asociación Cultural Papaventos.
•A Asociación Cultural Papaventos resérvase o dereito de declarar deserto o premio no caso de que ningún cartel acade os requisitos demandados.
•O veredicto do xurado darase a coñecer nos 15 días seguintes á finalización do prazo de entrega a través da páxina web e boletín informativo do Concello de Vedra, redes sociais e blog de Papaventos (www.asociacionpapaventos.blogspot.com).
•O veredicto do xurado será inapelable.

6. TRABALLOS PREMIADOS
•O cartel que resulte elixido para anunciar a XXI edición de Teatrofilia cederá todos os dereitos sobre o seu uso, adaptación e explotación á Asociación Cultural Papaventos, que o empregará en formato dixital e impreso para difundir a dita edición de Teatrofilia.
•Tanto o premio do cartel gañador como o accésit infantil serán entregados durante a mostra de Teatrofilia.
•Tanto o premio do cartel gañador como o accésit infantil serán entregados durante a mostra de Teatrofilia.
7. TRABALLOS NON PREMIADOS
•Todos os traballo serán expostos durante a mostra. Quen desexe recoller a súa obra disporá dun prazo de 15 días despois do remate da edición de Teatrofilia.
8. PUBLICIDADE
•Os sucesivos anuncios sobre este concurso de carteis serán publicados en www.asociacionpapaventos.blogspot.com
9. NORMA FINAL
•Os/as concursantes, pola súa mera presentación, aceptan integramente as bases deste concurso.

Comentarios