20 de out. de 2006

Noraboa, Sariegu!!!

Pronto se cumprirá un ano da viaxe de Papaventos a Asturies, concretamente, a Sariegu. Primeiro foron eles os que, grazas aos lazos de amizade con algúns do grupo (léase Hixi, por exemplo), se achegaron a coñecer Vedra traéndonos como presente a súa arte na danza e no teatro. Logo, tocounos a nós repartir 'Bicos' por esa encantadora vila, que este ano logrou o título de "pueblo ejemplar".
Dende aquí, creo que todos os de Papaventos queremos darlle a noraboa aos sareganos que tan, tan, tan ben nos trataron tanto aquí como alá. A súa cordialidade e bo corazón tiveron premio, e dos oficiais. Tan pronto como Hixi nos deu a nova a nosa reacción foi aplaudir. Por algo será. Mañá moitos estaremos pendentes deles, a ver se os vemos na tele, jeje...

2 comentarios:

María M dixo...

Viva Sariegu!!!! Que ben o pasamos alá, ai, que ben, que ben!! É un pobo exemplar, de beleza exemplar e de xente exemplar, viva!! Moitos Parabéns!! E que ganas de volver e de que voltedes... XD

Elianinha dixo...

felicidades!!!