Hoxe fai catro anos que Papaventos fixo a súa primeira actuación na súa nova fase, coa súa nova formación. Era en Santa Cruz de Rivadulla (Vedra), ía moita calor, un sol inmenso veu á estrea de Directamente Nós, a retransmisión en directo da TVVE, a televizión de Vedra, a televizión que maiz ze ve!!! De man de Rita Carballo, esa presentadora que lucía roda no escenario, e de Pelaez, esa reporteira que sempre estaba onde se cocen as fabas, xurdía a maxia do teatro. Mister Smith, os nosos augardenteiros, os nosos marchosos, ata o cura, as concentracións e o Z non se podían perder o proxecto que Pepe Penabade fixera realidade, impulsado por Nande, o que naquel entón era o concellal de cultura. Hoxe, catro anos despois, non podemos deixar de facer un guiño ao día en que máis emoción sentimos probablemente na nosa vida, aínda que dese día só quedemos catro ou cinco. Permitídime evocar un dos momentos sen dúbida máis bonitos do día: todos e todas sentados ao borde do escenario, mirando a Pe...